Google+ #Melidefest: Falamos de Dama Alaricana

sábado, 9 de noviembre de 2013

Falamos de Dama Alaricana

Hoxe toca falar de Dama Alaricana, outro dos fabricantes que asistirán ao #MelideFest.

 Na web de Dama Alaricana contan:

No país dos mil ríos, onde a auga brota da terra e entre as rocas, nace Dama Alaricana, a túa cervexa artesá elaborada de forma natural.
 ...

Para o noso nome tomamos o xentilicio feminino de Allariz “alaricana” porque estamos orgullosos de pertencer a esta fermosa comarca e porque somos coñecedores da importancia da muller na sociedade e na historia de Galicia. 

...

Somos unha pequena fábrica de cervexa que realiza todo o proceso de elaboración de forma manual, desde o moído e a adición do gran e o lúpulo, ata o embotellamento e etiquetaxe, buscando sempre un saber facer único, persoal e artesanal.
Durante a súa produción non se utilizan conservantes nin colorantes artificiais. Esta cervexa artesá non está pasteurizada e realiza a súa segunda fermentación en botella.


Estas son as variedades de cervexa de Dama Alaricana que imos poder disfrutar na feira:


Queimada

A cervexa coa que Dama Alaricana vai saír ao mercado, chámase Queimada, nome escollido en sustitución do máis común e coñecido: “Tostada” ou “Torrada”.
Namóranos a súa cor, que nos lembra ao ámbar, pedra preciosa de resina vexetal fosilizada, pois é laranxa amarelada coma ela. Esta cervexa artesá de estilo Pale Ale elabórase a partir de catro clases distintas de malta de cebada (Pale Ale, Caramel Lixeiro, Melanoidine e Aromatic malt), dous lúpulos (Citra e Amarelo), auga pura da Portela de Airavella e fermento para cervexas ales de alta fermentación.
O grao alcohólico de Dama Allaricana Queimada é de 5,4 % vol.

Nota de Cata

De cor ambar con fulgores avermellados, escuma densa e branca de aspecto cremoso e burbulla fina. Carbónico tenue.
Aroma intenso claramente maltoso a cereal, con notas de galleta acaramelada e coñac.
De sabor doce e lixeiramente áspero ao padal con amargor seco e sutil.
Retrogusto cítrico e curto, deixando a boca limpa.
Chamando a outro trago.


Meleira



Castañeira

No hay comentarios:

Publicar un comentario