Presentamos a
Adegas Menduiña e dúas das súas variedades. Adegas Menduiña forma parte dos fabricantes que estarán na nosa Feira de Cervexas Artesanas Galegas.
Cóntanos na web de
Adegas Menduiña :
Nace MENDUIÑA co obxectivo de recuperar unha parte da nosa cultura anterga perdida e ao mesmo tempo satisfacer os padais máis esixentes cun produto san e diferente.
Aseguramos a mellor calidade en cervexas xenuinas de produción limitada. Elaboramos tanto Ales coma Largers, re interpretamos os estilos e deseñamos receitas propias, fusionando tradición e innovación e acadando un sabor único. A nosa cervexa é 100% natural, sen pasteurizar, sen aditivos, conservantes, extractos nin engadidos de arroz ou millo que desmerecen o produto.
Variedades
Barda (Pale Ale)
Cor cobre clara, burbulla pequena e carbonatación moderada.
Perfil aromático, padal afroitado e largo final amargo aportado pola carga extra de lúpulos seleccionados.
Doada de beber, equilibra afumados, carnes marinadas, de caza ou año, cogomelos e verduras grelladas.
Alc. 5’0 % Vol. 32IBU
Duir (Extra Special Bitter)
Seductora cor vermella con coroa de escuma branca.
Pleno sabor a maltes doces balanceado inmediatamente despois con lúpulos aromáticos. Final seco e torrado.
Marida con peixe azul, patés, embutidos e queixos afumados.
Alc. 5`8 % Vol. 40 IBU
Presentaremos máis variedades ao longo da semana.