Google+ #Melidefest: noviembre 2013

domingo, 24 de noviembre de 2013

Maridaxe entre cervexas artesanas galegas e repostería tradicional de Melide


Maridaxe entre as cervexas artesanas galegas do #Melidefest e os doces da Asociación de respostería tradicional da Terra de Melide. Levouse a cabo no Salón Rexio do Concello de Melide e estivo dirixido por Pepe Beiro.

Podedes ver as fotos do maridaxe neste enlace:
Galería de fotos do maridaxe entre cervexas artesanas e doces

Na maridaxe participaron varios blogueiros e reporteiros gastronómicos :

viernes, 22 de noviembre de 2013

Entrevista ó productor de Peregrina polo Melidefest


Entrevista ó productor da cervexa Peregrina polo #Melidefest. Entrevista feita en Radio Melide.

Entrevista ó productor de Saramagal polo #Melidefest


Outra das entrevistas, en Radio Melide, que fixeron a un dos productores de cervexa artesanal que teremos na Feira de Cervexas Artesanas Galegas, en Melide.

Entrevista a Celia, Alberto e Faustino Batallán polo #Melidefest



Entrevista que lle fixeron en Radio Melide a Celia (de Distribuciones Carrizo), a Alberto (de Pastelería Estilo, @DoceriaEstilo) e a Faustino Batallán (de Barro Cervexafest).

Máis razóns para achegarse a Melide no fin de semana


Outra razón para acercarte a Melide esta fin de semana, a XXIV Semana da Música da Terra de Melide.

Teredes entre outras actuacións :

Sábado 23 de novembro, ás 20:00.
- Escola de gaitas e percusión galegas "Axóuxere"
- Grupo de catequese parroquial de Melide
- "Os Melidaos"

Domingo 24 de novembro, ás 19:30.
- "Froito Novo"
- Coral polifónica de Melide
- Coral polifónica de Melide/Froito Novo

Normas da Feira de Cervexas Artesanas Galegas


Falta un día para que empece a Feira de Cervexas Artesanas Galegas.

Podedes ver o funcionamento da feira no cartel superior. Para poder probar as cervexas da feira, teredes que mercar primeiro o vaso oficial (a un precio de 2 euros).

Despois poderedes ir polos diferentes stands, nos que atoparedes diferentes cervexas, e a caña "normal" a un precio de 2 euros en todos eles.

E no apartado gastronómico, teredes hamburguesas, salteado de setas e repostería.


Xa sodes máis de 500 seguidores!!!


Xa sodes máis de 500 seguidores do Facebook de #Melidefest. Gracias!!!

E para celebralo, imos regalar dous vasos máis para a Feira de Cervexas Artesanas Galegas.

As dúas primeiras persoas que poñan nun comentario, na parte de abaixo desta entrada, a localidade onde celebramos o #Melidefest, levarán os vasos.
Tamén tedes que deixar unha dirección de correo electrónico para poñernos en contacto con vós.

Sorte!!!

jueves, 21 de noviembre de 2013

Entrevista a Alberte de Adega Menduiña

Podedes escoitar no reproductor a entrevista que lle fixeron a Alberte de Menduiña en Radio Melide.

Conta como empezaron, como elaboran a súa cervexa, entre moitas outras cousas.


miércoles, 20 de noviembre de 2013

Regalamos dous vasos oficiais do #Melidefest - Mércores

Queres conseguir un dos nosos vasos do #Melidefest?

Imos regalar dous vasos oficiais do #Melidefest cada dia, (de luns a venres). Permanecede atentos ó noso blogue, facebook e twitter para conseguilos.

Hoxe van conseguir os vasos, as dúas primeiras persoas que poñan nesta entrada do blogue, un comentario co texto que vai aparecer nun tweet da nosa conta de twitter : @MelideFest

Publicaremos o tweet ás 21:30 co texto que tedes que copiar

Tedes que deixar no comentario tamén, unha dirección de correo electrónico para poñernos en contacto con vos.

Sorte!!!


Outra das nosas cuñas de radio

Podedes escoitar no reproductor, outra das nosas cuñas de radio que preparamos para o #Melidefest.


martes, 19 de noviembre de 2013

Regalamos dous vasos oficiais do #Melidefest - Martes

Seguimos regalando vasos para a Feira de Cervexas Artesanas Galegas.

Hoxe van conseguir os vasos, as dúas primeiras persoas que poñan nesta entrada do blogue, un comentario co texto agochado que aparece no comentario das fotos dos vasos oficiais, na nosa galería de imaxes : http://www.pinterest.com/melidefest/

Os comentarios que tedes que buscar comezan así:

Este é outro dos textos que podedes copiar e pegar no concurso do martes, no blogue de Melidefest para obter un vaso oficial:

Existen dous comentarios diferentes, (cada un nunha foto). Soamente necesitades copiar e pegar un.
Teremos dous gañadores, o primeiro será o que colgue un dos comentarios. E o segundo gañador será o primeiro que colgue o outro comentario (son diferentes).

Tamén tedes que deixar unha dirección de correo electrónico para poñernos en contacto con vos.

Sorte e apurade!!!

lunes, 18 de noviembre de 2013

Regalamos dous vasos oficiais do #Melidefest - Luns

Queres conseguir un dos nosos vasos do #Melidefest?

Imos regalar dous vasos oficiais do #Melidefest cada dia, (de luns a venres). Permanecede atentos ó noso blogue, facebook e twitter para conseguilos.

Hoxe van conseguir os vasos, as dúas primeiras persoas que poñan nesta entrada do blogue, un comentario co seguinte texto:

"Quero conseguir o vaso oficial do #Melidefest"

e que deixen unha dirección de correo electrónico para poñernos en contacto con eles.

Apurade!!!



Coñecendo un pouco da gastronomía de Melide

Déixovos a continuación, un enlace a un video onde vos explican un pouco da gastronomía local de Melide.

Fálanvos do pulpo e da repostería tradicional. Tamén vos presentan algunha das casas de turismo rural que temos pola comarca.

http://www.galiciaparaelmundo.com/blog/?page_id=51&recurso_id=4498

domingo, 17 de noviembre de 2013

Vaso oficial do #Melidefest


Aqui tedes o vaso oficial da Feira de Cervexas Artesanas Galegas. O seu precio será de 2 €, e será necesario que o compredes se queredes probar as cervexas nos stands da feira.

Pero ides ter a oportunidade de conseguilo gratis, a través dos sorteos que celebraremos esta semana nas redes sociais.
Permanecede atentos ó blogue, facebook e twitter do #Melidefest para gañar o vaso.

http://melidefest.blogspot.com.es/
https://www.facebook.com/Melidefest
https://twitter.com/MelideFest


De marcha por Melide

Seguimos con consellos sobre que facer por Melide.

Se vides ó #Melidefest, podedes aproveitar a visita e seguir de festa pola noite, nos locais de Melide. Tedes unha amplia variedade de restaurantes, bares, cafeterías, pubs, discotecas.

Melide é un dos centros da movida galega, como poderedes comprobar no video que vos deixamos.

sábado, 16 de noviembre de 2013

Falamos de De Lago


Toca falar de De Lago, outro dos fabricantes de cervexa artesana galega que teremos no #Melidefest.

En declaracións para a revista Benbo, Javier Acosta (responsable de De Lago) cóntanos:

"En sus palabras, su cerveza es “de espuma estable, la temperatura óptima de consumo ronda los 12ºC y casa muy bien con quesos y carnes. Recuerda un poco a la cerveza de abadía, pero más fresca y sencilla de beber”.

Su producto se dio a conocer ya hace un año, pero el evento servirá para presentar el formato definitivo para comenzar a comercializar. Quiere sacar unos 500 litros a la semana en barril y botella, siendo su objetivo la calidad y no el vender una gran cantidad."


Javier Acosta cóntanos tamén neste video, como elabora a cervexa De Lago. Elaborada íntegramente en Vigo, con productos naturais.

viernes, 15 de noviembre de 2013

Imos de tapas por Melide?



Se vos acercades ó #Melidefest, o sábado 23 de novembro tamén ides poder aproveitar para asistir ó IV Outono de Tapas de Melide. E probar as mellores receitas, a base de setas e castañas (nos locales da lista que aparece máis abaixo).

Na web de ASETEM cóntanos en que vai consistir esta ruta de tapas:



Melide, 12 de novembro de 2013. Non hai época do ano coma o outono na que mellor preste un lugar ao abrigo, un prato de comida e unha boa compañía. Unha combinación perfecta que Asetem-Cca pon de novo ao alcance de veciños da comarca e visitantes na cuarta edición do Outono de Tapas, unha ruta polos bares e restaurantes de Melide na que se poderán degustar preto dunha vintena de propostas gastronómicas diferentes elaboradas con dous produtos típicos da época: as setas e as castañas.


Cando e onde?
O casco urbano urbano de Melide concentrará toda unha variada oferta culinaria en dúas fins de semana de novembro. Dous venres (15 e 22) e dous sábados (16 e 23) serán os días nos que os clientes poderán degustar as tapas en concurso. A diferenza do que ocorre noutras vilas con iniciativas semellantes, en Melide os petiscos seguen a servirse de xeito gratuíto e polo simple feito de realizar unha consumición. Serviranse en horario de 20:00 a 23:00 horas os venres e en horario de 13:00 a 15:00 polas mañás e de 20:00 a 23:00 polas tardes os sábados.


Moito que probar
Este ano, con 18 establecementos implicados, a ruta de tapas bate un récord de participación no que á edición de outono se refire. “Nunca antes se inscribiran tantos bares”, sinala a presidenta de Asetem-Cca, Sonia Valiño, “é unha cifra moi elevada para unha vila pequena como Melide e dá idea da aceptación que ten esta ruta tanto por parte dos negocios como dos clientes”. Tamén este ano participan varios locais por primeira vez. Xunto con outros que xa son un clásico desta ruta das setas e das castañas, elaborarán pratos para todos os gustos e nos que aos dous ingredientes básicos se incorporan outros como fabas, bacallau, pasta, coello, raxo, ou froitas tropicais. Deste xeito conséguense pratos “innovadores e orixinais na presentación e no sabor que sitúan Melide na vangarda da cociña”, destaca Sonia Valiño.

Tapas con premio
As persoas que se animen a participar no Outono de Tapas non só quedarán cun bo sabor de boca senón que tamén terán a posibilidade de facerse con interesantes premios. Só polo feito de probar e puntuar os pratos, entrarán no sorteo dunha sesión no circuíto termal do Hotel Balneario Río Pambre, en Palas de Rei. As papeletas de votación seranlles entregadas nos propios establecementos e poderán valorar, nunha escala do 1 ao 5, a calidade do manxar nas categorías de “Mellor tapa” e “Tapa innovadora”.

Ademais haberá un premio especial para os clientes que proben polo menos o 50% das tapas en concurso. Trátase dunha noite para dúas persoas con cea e almorzo incluído no pazo de Eidián (Agolada), onde terán ademais dereito a utilizar todas as instalacións e servizos deste hotel rural.


ASETEM -CCA

 info@asetem.com

ESTABLECEMENTOS E TAPAS PARTICIPANTES NA RUTA DAS SETAS E DAS CASTAÑAS
A Boa viña / A Boa Vida – Raxo con patacas e champiñóns

A Fábrica do Camiño – Coello do monte con setas

A Fundación – Tortellini de cogomelos con crema de castañas

Pulpería Alongos 2 – Castañas ao champiñón

Bar Cantón – Faballóns con níscalos e gambas

Cafetería Breogán – Revolto de xamón e champiñóns

Cafetería Arraigos – Arroz con champiñóns

Casa Estilo – Bocata de outono

Restaurante Novo Continente - Torrada de níscalos con piña en tempura

Cervexería Godiva – Champiñóns con xamón

Bar Novo Valente - Caldeireta de bacallau con setas

O de Peque – Guiso de setas e castañas

O Sapo Lambón – Delicias do Sapo Lambón

Cafetería Cire – Crema de castañas con champiñóns

Pousada Chiquitín – Tosta outonal

Pensión Xaneiro – X 5

Xamonería Os Garceiras – Outono nos Garceiras

Cafetería Stop – Caldo de verduras e castañas

jueves, 14 de noviembre de 2013

Falamos de Peregrina


Presentamos a Peregrina, un dos fabricantes que asistirá ao #Melidefest.

Na web de Peregrina contan:

Peregrina – Cervexa Artesá
DENDE GALICIA PARA O MUNDO.
Elaboración, venta e distribución de cervexa artesá 100% malta de cebada. Producto made in GALICIA.

Compañía cervexeira PEREGRINA é un proxecto ilusionante de xentes das Terras de Compostela por elaborar dun modo artesanal e natural unha cervexa galega co carácter propio.

Estamos no pais da auga, do orballo, dos ríos, e é lóxico pensar que nun lugar tan fermoso se elabore integramente un líquido do cal 80% do seu contido sexa auga. Se a todo lle engadimos as temperaturas medias de Santiago e a súa idoneidade para fabricar cervexas de alta fermentación fíxonos ver en Compostela o lugar adecuado para a elaboración dunha cervexa 100% galega de alta calidade.

A cervexa PEREGRINA espera estar convosco neste novo camiño que agora empeza.


E as variedades da súa cervexa son estas:


Peregrina


Ingredientes: Agua 100% de Galicia, Malta 100% de Cebada, Lúpulo.

Color : Dorado Pálido

Grado alcohólico : 5,1

Formatos : 33cl










Peregrina Morena



Ingredientes: Agua 100% de Galicia, Malta 100% de Cebada, Lúpulo.

Color : Tostado

Grado alcohólico : 4,8

Formatos : 33cl










Peregrina Premium 



Ingredientes: Agua 100% de Galicia, Malta 100% de Cebada, Lúpulo.

Color : Oscuro

Grado alcohólico : 6,8

Formatos : 33cl













miércoles, 13 de noviembre de 2013

Unese á nosa feira outro fabricante de cervexa artesanal, Ancora.


Incorporamos a outro fabricante de cervexa artesana galega para o #Melidefest.

Desde Ourense, contaremos con Ancora.

Benvidos.

Exposición de Inia Vilar no #Melidefest


Durante a celebración da "Feira de Cervexas Artesanas Galegas", Inia Vilar vai expoñer as súas obras.

Todas estas obras, estarán baseadas nunha técnica singular , pois a base das mesmas elabórase a partir de diferentes cervexas e esencias naturais.

Inia, descríbese a si mesma deste xeito:

"Memoria artística Virginia Vilar Rodríguez

Desde el verano del 2012 he estado trabajando en una serie de pinturas.

Todas ellas han sido basadas en una técnica singular , pues la base de las mismas las elaboro a partir de diferentes cervezas y esencias naturales.

Al igual que otras innovaciones artisticas que ocurren de forma fortuita ,

Comencé a utilizar pinturas a base de cerveza accidentalmente.Un dia junto a Pablo Paz , cervecero artesanal se derramó cerveza y al secarla con una servilleta de papel observé las diferentes tonalidades impregnadas en la misma.Entonces utilizando sus conocimientos sobre el mundo de la cerveza ; le pregunte cuales serian más densas y cuales podrian pigmentar mejor para asi comenzar a crear. Entonces comencé a elaborar una serie de 11 recetas , mezclando cerveza,esencias naturales ,,hasta que finalmente cree mis propias tonalidades.

...

En la actualidad me encuentro pintando una nueva colección .

Virginia Vilar Rodriguez (Inia Vilar) nació el 09 de Abril de 1982 en Porriño , actualmente reside en Mos ; estudio imagen personal y belleza ,profesión a la que se dedica actualmente compaginandola con su pintura,lleva desde muy niña pintando de forma autodidacta.Actualmente voy a clases de dibujo en el estudio taller de Rafa Dieguez en Vigo."


E estas son algunhas das súas obras:



Se queredes ter máis información de Inia Vilar, podedes visitar estos enlaces:


http://www.iniaart.com/

domingo, 10 de noviembre de 2013

Xa temos cuña do Melidefest


Xa podedes escoitar a cuña que nos prepararon as rapazas de Radio Melide.
Dámoslle as gracias pola súa colaboración.

Estoupacaldeiros no Melidefest


O sábado 23 de novembro, imos poder disfrutar coa música dos "Estoupacaldeiros" no #MelideFest.


Se vos interesa ter máis información deles, podedes visitar estos enlaces:


sábado, 9 de noviembre de 2013

Consumo responsable de cervexa

Consumo moderado
Un dedo de escuma, dous dedos de fronte


Que é consumir cervexa con moderación e responsabilidade?


Considérase consumo moderado de alcohol ata 25 gr/día para os varóns (2-3 cañas de cervexa) e 15 gr/día para as mulleres (1-2 cañas de cervexa)*.

Non todas as persoas reaccionan igual ante o alcohol. Inflúen factores como o peso, o sexo, a forma na que se consume (se se acompaña ou non de alimentos), se a persoa está habituada a beber e mesmo a raza.

A cervexa debe consumirse por pracer e sempre en cantidades moderadas. É mellor tomala con algo de alimento.

Debe saborearse lentamente, gozando de todos os seus matices; se tomas cervexa, que sexa polo seu sabor, non polo seu efecto.

NUNCA bebas alcohol:
Se es menor de idade
Se tes previsto conducir (se che apetece unha cervexa, pídea sempre sen alcohol)
Para eludir problemas
En xaxúas (sen comer)
Se te estás a medicar
Se estás embarazada ou cres que podes estalo (podes pedir unha cervexa sen alcohol)

* Sociedad Española de Nutrición Comunitaria (SENC)

Falamos de Dama Alaricana

Hoxe toca falar de Dama Alaricana, outro dos fabricantes que asistirán ao #MelideFest.

 Na web de Dama Alaricana contan:

No país dos mil ríos, onde a auga brota da terra e entre as rocas, nace Dama Alaricana, a túa cervexa artesá elaborada de forma natural.
 ...

Para o noso nome tomamos o xentilicio feminino de Allariz “alaricana” porque estamos orgullosos de pertencer a esta fermosa comarca e porque somos coñecedores da importancia da muller na sociedade e na historia de Galicia. 

...

Somos unha pequena fábrica de cervexa que realiza todo o proceso de elaboración de forma manual, desde o moído e a adición do gran e o lúpulo, ata o embotellamento e etiquetaxe, buscando sempre un saber facer único, persoal e artesanal.
Durante a súa produción non se utilizan conservantes nin colorantes artificiais. Esta cervexa artesá non está pasteurizada e realiza a súa segunda fermentación en botella.


Estas son as variedades de cervexa de Dama Alaricana que imos poder disfrutar na feira:


Queimada

A cervexa coa que Dama Alaricana vai saír ao mercado, chámase Queimada, nome escollido en sustitución do máis común e coñecido: “Tostada” ou “Torrada”.
Namóranos a súa cor, que nos lembra ao ámbar, pedra preciosa de resina vexetal fosilizada, pois é laranxa amarelada coma ela. Esta cervexa artesá de estilo Pale Ale elabórase a partir de catro clases distintas de malta de cebada (Pale Ale, Caramel Lixeiro, Melanoidine e Aromatic malt), dous lúpulos (Citra e Amarelo), auga pura da Portela de Airavella e fermento para cervexas ales de alta fermentación.
O grao alcohólico de Dama Allaricana Queimada é de 5,4 % vol.

Nota de Cata

De cor ambar con fulgores avermellados, escuma densa e branca de aspecto cremoso e burbulla fina. Carbónico tenue.
Aroma intenso claramente maltoso a cereal, con notas de galleta acaramelada e coñac.
De sabor doce e lixeiramente áspero ao padal con amargor seco e sutil.
Retrogusto cítrico e curto, deixando a boca limpa.
Chamando a outro trago.


Meleira



Castañeira

jueves, 7 de noviembre de 2013

Navegando pola rede a gran velocidade



Imos dispoñer en #MelideFest, grazas á empresa Intermax, de conectividade Wifi cunha velocidade de 1300 MB.
Poderán facer uso da rede, todos aqueles que veñan os días 23 e 24 á Feira de Cervexas Artesanas Galegas.
Deste xeito, mediante a tecnoloxía wifi poderedes subir todo o relativo á festa nas redes sociais e mantervos informados.
Se queredes coñecer máis sobre Intermax, podedes visitar estos enlaces:
http://redintermax.com/  


miércoles, 6 de noviembre de 2013

Falamos de Saramagal


Presentamos hoxe a Saramagal, un dos fabricantes cos que contaremos na Feira de Cervexas Artesanas Galegas, #MelideFest.

Na web de Saramagal contan:

SARAMAGAL es una empresa gallega y familiar ubicada en Agudelo, ayuntamiento de Barro (Pontevedra – España) que está dirigida por dos socios, amigos y compadres. Desde el año 2005 Anxo y Quique formulan y elaboran cerveza artesanal. El principal objetivo es el de hacer una cerveza de alta calidad.

Bieron Agudelo, S.L. que así se denomina la empresa es una microcervecería en cuyos procesos de elaboración priman la calidad tanto de la maquinaria como de la materia prima (malta, trigo, lúpulo y sobre todo el agua). Ambos socios tenían claro, cuando comenzaron a finales del año 2005, que no querían tener jefes, prisas, ni urgencias. Durante 5 años trabajaron, viajaron, estudiaron y sobre todo se lo pasaron de maravilla formulando cerveza. Tirándola cuando procedía o dándosela a probar a sus amigos, a los que utilizaron como conejillos de indias, hasta conseguir un producto de calidad valorado por personas de referencia dentro del sector cervecero.
...




Estas son as variedades de cervexa que imos poder disfrutar na feira da man de Saramagal:

Saramagal Stipe

Tipo: Cerveza artesanal
Estilo: Indian Pale Ale (IPA)
Graduación: 5,5%
Producida por: SARAMAGAL en Barro (Galicia-España)
Descripción: Sin aditivos y sin filtrar. El poso que encuentra en las botellas se debe a la elaboración artesanal.
La cerveza Saramagal Stipe tiene tres clases de lúpulos que le dan un carácter agresivo y una gran personalidad lo que hace de la Stipe una cerveza para cerveceros.
Nota de cata:
Presenta visualmente un color ámbar oscuro con destellos a miel, su espuma tiene un color a crema de duración prolongada.
En el aroma además de los cereales crudos, las maltas utilizadas le aportan un sabor a bizcocho con un sabor final a torrefacto.
En el gusto un cuerpo más que notable, ligera permanencia del carbónico en la boca y un fuerte amargor en la garganta debido a sus lúpulos ingleses y eslovenos.



Saramagal Inmaculate

Tipo: Cerveza artesanal
Estilo: Ale rubia de estilo belga
Graduación: 4,5%
Producida por: SARAMAGAL en Barro (Galicia-España)
Descripción: Sin aditivos y sin filtrar. El poso que encuentra en las botellas se debe a la elaboración artesanal.
La cerveza Saramagal Inmaculate es una cerveza artesanal Ale rubia de estilo belga. Entre las maltas utilizadas incorpora la de trigo. De un color pálido característico de la malta pilsen y del trigo. Es una cerveza muy viva con desprendimiento continuo de burbuja.
Nota de cata:
En cuanto al Aroma, presenta un carácter suave y dulce de malta pilsen.
Al paladar muestra un sutil carácter cítrico.
En el aspecto físico tiene un color pálido muy suave y claro, con una retención de espuma normal y color blanco intenso, burbuja de pequeño tamaño y muy abundante.
La selecta mezcla de la maltas de cebada y de trigo le confieren un sabor un ligero y moderado dulzor.
Suave carácter alcohólico que la hace evidente en el retrogusto, el amargor medio y muy moderado del lúpulo.
La carbonatación alta y en algunos casos puede dar la sensación de que tiene la boca llena de burbujas y de cuerpo medio-bajo.

lunes, 4 de noviembre de 2013

Hamburguesa e Salteado de setas de Distribuciones O Carrizo, para o #MelideFest

Déixovos aqui, dous dos manxares que ides poder probar na Feira de Cervexas Artesanas Galegas.


Da man de Distribuciones O Carrizo, presentamos os platos que van levar a #MelideFest.

Para ir abrindo boca, un salteado de setas a 2,50€ a unidade.

E como plato principal, unha hamburguesa de tenreira de raza Cachena, a 4€ a unidade.

domingo, 3 de noviembre de 2013